Coordenadas: 38°54′00″N 77°01′46″O / 38.900051, -77.029315
Museo Nacional de Mulleres Artistas | |
---|---|
País | Estados Unidos |
Na rede | |
https://nmwa.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Museo Nacional de Mulleres Artistas (en inglés, National Museum of Women in the Arts, NMWA), é un museo situado en Washington D.C. dedicado ao recoñecemento dos logros das mulleres nas artes visuais, interpretativas e literarias.[1] O museo foi creado en 1981 por Wallace e Wilhelmina Holladay e desde a súa apertura en 1987, o museo adquiriu unha colección de máis de 4500 pinturas, esculturas, obras sobre papel e arte decorativa.[2] O museo está situado no edificio do antigo Templo Masónico que forma parte do Rexistro Nacional de Lugares Históricos dos Estados Unidos.Na súa colección inclúense obras de Mary Cassatt, Frida Kahlo, e Élisabeth Louise Vigée-Lle Brun.